A CIG Denuncia a política cicatera de contratación que práctica o Xerente de Persoas e Relacións Laborais en Galiza.
Os contratos
realizados neste período estival son totalmente insuficientes para todas as
prazas que están sen cubrir en Galiza. OS recargos se están a multiplicar tanto
en oficinas como no reparto urbano e rural, sendo estes últimos os máis
prexudicados pola suba incontrolada dos carburantes.
O Xerente de Persoas da Área Noroeste demostra un desprezo absoluto aos traballador@s de Correos implantando uns recargos abusivos, que lesionan os dereitos dos compañei@s con percorridos cada vez máis amplos, cargas de traballo inasumibles e cada vez máis esixencias de cumprir cuns obxectivos non negociados. Esta práctica é aínda máis penosa para o pouco e reducido persoal eventual substituto debido nalgúns casos a súa falla de experiencia tanto en reparto como en postos de atención ao público. A estas formas se lle denomina EXPLOTACIÓN LABORAL.
Correos co pretexto da Reforma Laboral reduciu nestes últimos meses a contratación a mínimos nunca vistos en Galiza. Se continúa burlando a Lei porque estamos a constatar como decenas de vacantes estruturais seguen sen ser cubertas por contratos de interinidade, tal e como estipula a Lei.
A CIG ven de
esixir por escrito que se cumpra coa Lei da Reforma Laboral, se formalicen
todos os contratos de vacantes en Galiza e se realicen todos os contratos
necesarios para prestar un servizo de calidade tal e como se espera dun servizo
público.