26 de mar. de 2020

Reunión da Comisión Estatal de Saúde Laboral

Agora estanse vendo os resultados da mala xestión que vén levando Correos desde o día luns 16 de marzo no que obrigou a todo o persoal a traballar sen ningún medio de protección. Aínda hoxe en día, en moitas oficinas e  UR están sen xeles nin máscaras. As cifras falan por si soas en dez días pasamos de 43 contaxiados a 533 contaxiados e a 2.072 compañeiros en corentena. A CIG advertiu á empresa desde antes da declaración do estado de alarma que tomarán medidas, pero chamáronnos alarmistas e acusáronnos de querer acabar coa empresa. Agora vese quen quere acabar realmente coa empresa coas súas decisións.

Despois de dez días infórmannos que se compraron 6´4 millóns de luvas, 6´8 millóns de xeles desinfectantes, pero que todo este material irá chegando de forma graduada. En canto ás máscaras informan que compraron 800 mil máscaras  FFP2 e dinnos que poden ser diferentes unas doutras porque se compraron a distintos provedores e sobre os 2 millóns de máscaras prometidas polo Ministerio de Fomento aínda non teñen noticia.
Tamén nos informaron que a empresa enviou aos seus domicilios a 4.530 empregados maiores de 60 anos e a 3.170 empregados de patoloxías sensibles. En total 7.700 traballadores.

Así mesmo comunicaron que actualizaron os manuais coas instrucións por postos de traballo aumentando a distancia de seguridade tanto entre traballadores como con clientes a 2 metros. A CIG criticou que se deixaran fora achegas que fixemos a estas instrucións que consideramos fundamentais para protexer a saúde dos nosos traballadores/as como, por  exemplo:

-    Que, tanto en Distribución, Loxística e Rede de Oficinas se organicen 4 quendas rotativas e facelo co persoal mínimo imprescindible, é dicir co 25% do persoal, coa finalidade de que un traballador acuda ao seu posto 1 de cada 4 días e así minimizar a súa exposición ao virus.

-       Redución de horarios de traballo tanto en Loxística como en Distribución.

-       Entregar a todos os traballadores/as luvas, xeles  hidroalcoholicos         individuais e máscaras.

-        Colocación de biombos de  metacrilato nos postos de atención ao público.

A CIG dada a preocupación que nos trasladaron compañeiros/as que teñen familiares na casa con patoloxías sensibles, nenos e persoas maiores, solicitamos na reunión que se lles aplique por similitude o protocolo de persoal sensible e mándalos a casa.

https://cigcorreosgaliza.blogspot.com/
E INSISTIMOS EN QUE A EMPRESA DEBE LIMITAR A ACTIVIDADE AO ESTRITAMENTE ESENCIAL E NECESARIO PARA A CIDADANÍA CO PERSOAL MÍNIMO IMPRESCINDIBLE