24 de mar. de 2023

A partires do 1 de Abril Novo Sistema de Xestión de Baixas

 


En aplicación do RD 10160/2022, do 27 decembro de 2022, polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos de IT nos primeiro 365 días de duración.

A partires do 1 de abril os traballadores/as non teremos que entregar nin  parte de baixa, confirmación nin de alta. Será o propio INSS quén remita o parte de baixa, confirmación e de alta á empresa.

Que debes facer ante unha situación de IT (Instrucións emitidas por Correos):


Ao inicio da Incapacidae Temporal (IT)

-  O traballador/a comunicará por teléfono ou outro medio telemático (whassap, e-mail) a ausencia ao responsable da Unidade na primeira media hora da xornada, ou por escrito dentro das 24 horas seguintes.

-  O INSS remitirá os partes de baixa, confirmación e alta do traballador/a telemáticamente nese mesmo instante. 

Ao remate da Baixa

-  O traballador/a se incorporará ao seu posto de traballo, o día laborable posterior á data da alta médica. É recomendable que o día anterior a dita incorporación, comunique a alta médica ao seu responsable de unidade vía telemática.

E a partires do 1 de xuño entrarán en vigor 3 novas situacións de Incapacidade Temporal que afectarán ás mulleres traballadoras:

  1. IT por menstruación incapacítante: Situación de incapacidade derivada dunha dismenorrea xerada por patoloxía diagnosticada (sangrados abundantes).
  2. IT por Interrupción voluntaria ou involuntaria do embarazo.
  3. IT a partires da semana 39 de embarazo: Se considerará situación especial de incapacidade temporal por continxencias comúns a de xestación da muller traballadora dende o primeiro día da semana trixésimo novena (39) de embarazo.