15 de mar. de 2016

A CIG denuncia a persecución que sufre o persoal laboral que se atopa de baixa

A CIG denuncia diante o Director Territorial a persecución e o acoso ao que está sendo sometido o persoal laboral que se atopa en situación de baixa laboral por enfermidade, pois aparte do seguimento que xa realiza a Mutua das baixas, tamén están sendo citados para revisión  en Correos a través dunha empresa dende Barcelona mediante unha chamada de teléfono a cal esta sendo gravada, na mesma solicítanlles datos relevantes a súa patoloxía, cousa que nos parece fora de lugar e sobre todo contraria a Lei de Protección de Datos.

Do mesmo xeito tamén denunciamos unha falta total e absoluta de coordinación entre a empresa que realiza as citacións para Correos e a Mutua, pois compañeiros que son citados por Correos, nalgúns casos tamén son citados para o mesmo día ou para días seguintes pola Mutua  dando unha sensación de indefensión aos traballadores que se senten perseguidos por estar de baixa.


Dende a CIG advertimos a empresa que debe cesar nesta persecución do persoal laboral que se atopa de baixa laboral e rematar con o descontrol no seguimento das baixas no caso contrario a CIG tomará as medidas que estime oportunas en defensa dos dereitos dos traballadores.