A empresa remitiunos os textos definitivos dos
manuais informativos de COVID-19 de
Mandos e Persoal de Reparto.
Nestes textos definitivos non se tiveron en conta
a maioría das alegacións da CIG. A nosa valoración é que Correos o único que
pretende é cubrir o expediente e nada máis. Os traballadores/as non lles
importamos á actual presidencia de Correos.
A información que se nos dá na introdución sobre
o COVID-19 é unha copia e pega sen
actualizar. A CIG solicitaba que se introducise os últimos estudos científicos que
hai sobre a transmisión como, por exemplo, o dos Institutos Nacionais de Saúde e os Centros
para o Control e Prevención de Enfermidades de Estados Unidos, a Universidade
de California en Los Ángeles ( UCLA) e a
Universidade de Princeton publicado
en The New England
Journal of Medicine.
Que din que descubriron que o coronavirus SARS- CoV-2 é
detectable en aerosois ata tres horas, ata catro horas en cobre, ata 24
horas en cartón e ata dous ou tres días en plástico e aceiro inoxidable. Estes
resultados proporcionan información crave sobre a estabilidade deste coronavirus
e suxire que as persoas poden adquirilo a través do aire e despois de tocar
obxectos contaminados.
Así mesmo están sen actualizar a sintomatoloxía
que produce a enfermidade limitándose a describir a tose, febre, falta de aire
ou diarrea. Deixándose ao marxe síntomas que hoxe xa se coñecen como: a perda
do olfacto e sabor, desorientación, esgotamento, malestar xeneralizado, dor de
cabeza, mareos.
Tamén presentamos as seguintes alegacións e
aportacións entre outras:
- Que
se realicen TEST de COVID-19 a todo o
persoal
- Que
se dote ás unidades de termómetros dixitais con medición por infravermellos ao
comezo da xornada laboral. Coa finalidade de detectar posibles casos.
- Que
se encargue a unha empresa especializada un estudo sobre o mantemento e limpeza
dos equipos de climatización ante o COVID-19
e así mesmo se determine se o uso destes equipos aumenta a propagación ou non
do COVID-19.
- Diante
a posibilidade de que o virus se transmita por vía aérea, alí onde fose posible
e houbese xanelas ou sistemas similares, se opte pola ventilación natural
apagando o aire acondicionado.
- Que,
as luvas, máscaras e xeles desinfectantes se consideren como EPIS e diante a falta de calquera deses
elementos se paralice a actividade.
- Que,
a limpeza e desinfección a realicen empresas especializadas e non os
traballadores. Non se lle pode cargar con esa responsabilidade aos
traballadores/as de Correos, porque non teñen a formación nin o tempo para
realizala. Correos coa introdución desta medida podería culpabilizar aos traballadores/as de Correos
dos posibles contaxios aducindo unha falta de desinfección e limpeza adecuada eludindo
a súa responsabilidade como empresario.
- Que,
aos traballadores/as que convivan con menores e persoas maiores a cargo, así
como con familiares con patoloxías sensibles se lles considere como persoal
vulnerable e se lles mande para casa.
Desde CIG dicímoslle á empresa e ao presidente que
Non se pode antepoñer nin contas de resultados nin medallitas
personalistas á saúde dos traballadores/as.