3 de abr. de 2020

Xuntanza Comité Estatal de Saúde Laboral




Na xuntanza da Comisión Estatal de Saúde Laboral do 2 de abril comunicáronnos novos avance nas medidas de protección, sen embargo a única realidade é que o número de contaxiados aumenta exponencial mente cada día en Correos agora xa son 734 contaxiados e  2.129 traballadores postos en corentena.

A empresa informou do seguinte:

  1. Instaláronse 4.500 biombos de metacrilato en postos de ATC.
  2. Mercaron 7´4 millóns de luvas, 7´6 millón de xeles hidroalcolicos e 3´2 millón de mascaras.
  3. Correos vai remitir unha certificación a todo o persoal sensible, maiores de 60 anos, en corentena domiciliaria e contaxiada coa finalidade de regularizar a súa situación administrativa para asimilala á de accidente laboral (cobrar o 100% das súas retribucións).
Dende CIG insistimos na reunión que: 

-       Se organicen 4 quendas rotativas e facelo co persoal mínimo imprescindible, é dicir co 25% do persoal, coa finalidade de que un traballador acuda ao seu posto 1 de cada 4 días e así minimizar a súa exposición ao virus.

-       Redución de horarios de traballo tanto en Loxística como en Distribución.

-       Non e certo que todos os traballadores/as teñan luvas, xeles  hidroalcolicos  individuais e máscaras.

-       Faltan por colocar paneis protectores de  metacrilato sobre todo en oficinas Auxiliares con horario de  atención ao público.

-       Que, se proceda a desinfectar de forma continuada tanto Centros de Traballo como vehículos.

-       Dado que somos o segundo colectivo máis afectado por casos de coronavirus despois dos sanitarios SOLICITAMOS á empresa que se realicen TEST de detección de  COVID-19 a todos os traballadores/ as de Correos.

-       Insistimos en que se asimilen ao protocolo de persoal sensible a todos os compañeiros/as que teñen familiares con patoloxías sensible, persoas maiores ou menores a cargo.