CCOO e UGT en complicidade co Goberno pactan na Mesa de Función Pública seguir empobrecendo aos empregadas e empregados públicos.
Non contentos con condenarnos a unha perda de poder adquisitivo este ano, tamén a asinan para os anos 2023 e 2024.
Ante un futuro tan incerto como o que temos por diante cunha guerra que esta a facer que os prezos de alimentos, hipotecas, enerxías etc. se disparen cada día, como se pode ser tan lerchos para asinar subas por debaixo do IPC empobrecendo á clase traballadora. E estes son os sindicatos que din defendernos.
Non se decatan que os empregados públicos e moi especialmente os de Correos levamos perdendo poder adquisitivo todos os anos. Que recibiron a cambio para asinar tal cousa.
Está son as marabillosa subas que imos ter 2022 - 2024:
2022 |
2023 |
2024 |
2% Correos o abonara na nómina de outubro ou novembro con retroactividade dende o 1 de
xaneiro |
2,5% |
2% |
+ 1,5% Asinado por CCOO e UGT que NON se pagará de momento. Correos xustifica que non o pode pagar
porque se acaba de aprobar. Isto se pagará (cando sexa) con carácter
retroactivo dende o 1 de xaneiro |
+ 0,5% en función do IPC Harmonizado 2022-2023 +0,5% se o PIB nominal do 2023 supera a previsión do
Goberno Todo isto sumado a si se aliñan as estrelas en perfecta
conxunción |
+0,5% se o IPC 2022-2024 harmonizado supera o incremento
salarial previsto. Para asinar isto CCOO e UGT contrataron a unha meiga para
saber como ía a esta a cousa daquelas. |
Total suba 3,5% |
Total suba 2,5% |
Total suba 2% |
IPC apróx. 10% |
IPC Incerto |
IPC incerto |
Perda: – 6,5% |
Perda: seguro que a hostia |
Perda: Mellor nin pensalo |
En canto a soldos os traballador@s de Correos estamos á cola do resto de empregados da Administración e agora máis Grazas a CCOO e UGT.
Diante esta situación, a CIG convoca unha concentración para o día 14 diante da sede da Delegación do Goberno na Coruña na defensa dos dereitos das persoas empregadas públicas e da medida de baterías ante a carestía da vida que xa ten presentado ante o Goberno