Que pasa con Correos?
O GOBERNO DEIXA MORRER A CORREOS.
Como o fai?
En silencio e confundíndoo con Correos Express (empresa na que case todo o persoal é autónomo) e tamén con:
-Falta de carga de traballo para o persoal de reparto.
-Falta de persoal e produtos nas oficinas.
-Falta de contratación para suplir ausencias.
-Falta de transparencia nas Bolsas de Contratación de Persoal Eventual.
-Falta de negociación do Acordo Xeral e dun novo Convenio: o que temos caducou no 2013.
-Falta de suba salarial, aínda non se pagou a suba do 2% para o 2022: a perda de poder adquisitivo sitúase no 17% dende 2010.
-Non actualizar o suplido por carburante dende 2011: o persoal rural asume o pago do seu peto.
-Sen un Catálogo de Enfermidades Profesionais: o persoal vese afectado por patoloxías musculoesqueléticas.
DENDE A CIG REIVINDICAMOS UN CORREOS PÚBLICO, GALEGO E DE CALIDADE.