14 de out. de 2022

Consolidación de emprego. Publicación bases definitivas.



O 27 de maio de 2022, Correos publicou as bases da Convocatoria de Emprego 2022, na web www.correos.es Nas bases quedan establecidas os requisitos dos participantes e a valoración das dúas fases da convocatoria de emprego: Proba selectiva ou exame e fase de méritos.

A convocatoria será un concurso-oposición ao que se poderá presentar calquera persoa que cumpra os requisitos, traballase en Correos ou non, con dúas fases. Haberá probas diferenciadas para os postos de Reparto e Axente Clasificación e para Atención ao Cliente.

POSTOS REPARTO e AXENTE CLASIFICACIÓN

O proceso para estes postos será valorado cun máximo de 100 puntos, dos que 60 serán para a fase de proba ou exame e 40 para a fase de méritos. 

A proba consistirá nun cuestionario tipo test, cun 90 % relacionadas con preguntas xerais e específicas para estes postos e outro 10 % con preguntas psicotécnicas. As respostas erróneas non puntuarán negativamente e darán 110 minutos para a realización do exercicio. Como novidade haberán 10 preguntas adicionais de reserva que se valorarán no caso de que se anule algunha pregunta das 100 anteriores.

Cada pregunta acertada se valorará con 0.60 puntos, sendo a valoración desta proba a correspondente á puntuación total das respostas acertadas.

FASE DE MÉRITOS REPARTO e AXENTE CLASIFICACIÓN

Aos aspirantes que superasen a proba ou exame, teráselles en conta estes méritos e puntuacións valoradas a 31 de decembro de 2022 excepto os cursos de formación e a acreditación dos coñecementos de idiomas que a súa valoración efectuarase ao 20 de febreiro de 2023

1. Antigüidade: puntuarase a suma total da antigüidade en calquera posto de traballo en Correos dende o 1 de maio de 2012. Por cada día, ou o seu equivalencia de contratos a tempo parcial: 0,00388 puntos con un máximo de 7,5 puntos.

2. Por desempeñar cada un dos postos da provincia solicitada dende o 1 de maio de 2012. Por cada día completo e o seu equivalencia de contratos a tempo parcial: 0,00423 puntos con un máximo de 7,5 puntos.

3. Pola pertenza ás bolsas de emprego do posto e provincia solicitada, conforme a convocatoria de Bolsas de Emprego destinadas a cobertura temporal de postos operativos de 8 de febreiro de 2021 e segundo valoración dos méritos aparecida nas mesmas:

- Valoración de méritos entre 0 e 10: 2,5 puntos.

- Valoración de méritos maior de 11 e ata 20: 5 puntos.

- Valoración de méritos maior de 21: 8 puntos.

4. Formación. Valoraranse os seguintes cursos de formación cun total de 6 puntos:

- Cursos Produtos e Servizos 2022: 2 puntos

- Cursos de Procesos e Ferramentas de Distribución e Centros 2022: 2,5 puntos

- Office 365: 0,75 puntos

- Xestión aduaneira para persoal operativo 2022: 0,75 puntos

5.  Estar en posesión da titulación de Formación Profesional (Grado Medio o Superior), Bacharelato o titulación equivalente:  4 puntos.

6.  Para o posto de reparto moto, estar en posesión do permisos de conducir (A1): 5 puntos. 

7.  Para o posto de reparto a pé e axente clasificación  estar en posesión do carné (B) coche: 5 puntos.

8.  Acreditar coñecementos de idiomas, en razón aos seguintes ámbitos e criterios, cun máximo de 2 puntos obtidos da seguinte forma:

a) Nas Comunidades Autónomas de Galicia, País Vasco, Navarra, Cataluña, Illas Baleares e Comunidade Valenciana, onde nos seus Estatutos de Autonomía recoñécese, ademais do castelán, outra lingua oficial propia:

• Por coñecementos do idioma inglés, en razón ao nivel A2 ou superior do Marco Común Europeo de Referencia (MCER) conforme ao Anexo IV: 1 punto.

• Por coñecementos da lingua oficial propia de cada Comunidade Autónoma en razón ao cadro anexo V: 1 punto.

POSTOS de ATENCIÓN ao CLIENTE

O proceso para estes postos será valorado cun máximo de 100 puntos, dos que 60 serán para a fase de proba ou exame e 40 para a fase de méritos.

A proba consistirá nun cuestionario tipo test, un 90 % relacionadas con preguntas xerais e específicas para estes postos e outro 10 % con preguntas psicotécnicas. As respostas erróneas non puntuarán negativamente e darán 110 minutos para a realización do exercicio. Como novidade haberán 10 preguntas adicionais de reserva que se valorarán no caso de que se anule algunha pregunta das 100 anteriores. Cada pregunta acertada se valorará con 0.60 puntos, sendo a valoración desta proba a correspondente á puntuación total das respostas acertadas.

FASE DE MÉRITOS ATENCIÓN ao CLIENTE

Aos aspirantes que superasen a proba ou exame, teráselles en conta estes méritos e puntuacións, valoradas ao 31 de decembro de 2022. excepto os cursos de formación e a acreditación dos coñecementos de idiomas que a súa valoración efectuarase ao 20 de febreiro de 2023.

1. Antigüidade: puntuarase a suma total da antigüidade en calquera posto de traballo en Correos dende o 1 de maio de 2012. Por cada día, ou o seu equivalencia de contratos a tempo parcial: 0,00388 puntos con un máximo de 7,5 puntos

2. Por desempeñar cada un dos postos da provincia solicitada dende o 1 de maio de 2012. Por cada día completo e o seu equivalencia de contratos a tempo parcial: 0,00423 puntos con un máximo de 7,5 puntos.

3. Pola pertenza ás bolsas de emprego do posto e provincia solicitada, conforme a convocatoria de Bolsas de Emprego destinadas a cobertura temporal de postos operativos de 8 de febreiro de 2021 e segundo valoración dos méritos aparecida nas mesmas:

- Valoración de méritos entre 0 e 10: 2,5 puntos.

- Valoración de méritos maior de 11 e ata 20: 5 puntos.

- Valoración de méritos maior de 21: 8 puntos.

4. Formación. Valoraranse os seguintes cursos de formación cun total 6 puntos

- Cursos Produtos e Servizos 2022: 2 puntos

- Cursos de Procesos e Ferramentas de Ofcinas 2022: 2,5 puntos

- Office 365: 0,75 puntos

- Xestión aduaneira para persoal operativo 2022: 0,75 puntos

5. Por titulación Universitaria oficial:  6 puntos. Quen obteña puntuación por este apartado, non se lles computará no seguinte punto.

6.  Pola posesión do Título de Formación Profesional (Grado Superior o medio), Bacharelato o titulación equivalente:  4 puntos.

7. Acreditar coñecementos de idiomas, en razón aos seguintes ámbitos e criterios, cun máximo de 5 puntos obtidos da seguinte forma:

a) Nas Comunidades Autónomas de Galicia, País Vasco, Navarra, Cataluña, Illas Baleares e Comunidade Valenciana, onde nos seus Estatutos de Autonomía recoñécese, ademais do castelán, outra lingua oficial propia:

• Por coñecementos do idioma inglés, en razón ao nivel B1 ou superior do Marco Común Europeo de Referencia (MCER) conforme ao Anexo IV: 3 puntos.

• Por coñecementos da lingua oficial propia de cada Comunidade Autónoma en razón ao cadro anexo V: 2 puntos.

b) No resto de Comunidades/ Cidades Autónomas non incluídas no apartado anterior:

• Por coñecementos do idioma inglés en razón ao nivel B1 ou superior do Marco Común Europeo de Referencia (MCER) conforme ao Anexo IV, 5 puntos.


Quedan pendentes para o Segundo Desenvolvemento a apertura do prazo de admisión de solicitudes, a oferta das prazas por provincias e a data de exame. 


Unha vez máis se penalizou aos traballadores das bolsas ao non contarlle toda a antigüidade na empresa tal e como se fai no resto da administración.