29 de xul. de 2021

XUBILACIÓNS ANTICIPADAS PARA 2022


 Correos conta cun orzamento superior aos 4 millóns de euros para poñer en marcha as xubilacións parciais (persoal laboral) e as excedencias incentivadas (persoal funcionario) no 2022.

 As xubilacións parciais van ir vinculadas á formalización dun contrato de substitución. A empresa presentou as condicións xerais cos requisitos e criterios que se van a aplicar.

XUBILACIÓNS PARCIAIS: REQUISITOS DO SOLICITANTE: IDADE E ANOS DE COTIZACIÓN

•           Ter 62 anos e 2 meses e un mínimo de 35 anos e 6 meses cotizados.

•           Ter 63 anos e 4 meses e un mínimo de 33 anos cotizados. Se se trata de persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% o mínimo de cotización é de 25 anos.

•           Prestar servizos en Correos durante polo menos 6 anos ininterrompidos e inmediatamente anteriores á data de xubilación parcial.

•           A redución da xornada para a xubilación parcial será do 75%.

•           O xubilado parcial acumulará o tempo de presenza efectiva de servizos que se prestará ao principio da nova situación nun único período ininterrompido.

•           O posto de traballo que desempeñará o xubilado a tempo parcial será o que veña desempeñando no momento da solicitude da xubilación parcial.

PROCEDEMENTO

O traballador/a que desexe adherirse ao programa de excedencias incentivadas deberá presentar a solicitude en tempo e forma. As solicitudes se presentarán antes de rematar o 2021, pero a data está aínda por definir.  

O traballador/a seleccionada para unha xubilación parcial deberá solicitar persoalmente a pensión de xubilación ante o INSS, indicando a data prevista de xubilación. A NON aceptación por parte do INSS da prestación de xubilación parcial por calquera causa anulará todo o proceso.

Os criterios preferentes para a concesión das xubilacións parciais ademais dos legais serán:

1.         As condicións  psicofísicas da persoa traballadora para o desempeño do seu posto de traballo.

2.         As adecuacións organizativas dos postos de traballo.

3.         A idade da persoa traballadora.

4.         A antigüidade en Correos.

FORMALIZACIÓN DE CONTRATOS DE SUBSTITUCIÓN

 Os contratos que se formalicen por mor da concesión das Xubilacións parciais se realizarán cos aprobados na consolidación de emprego de 2019.

EXCEDENCIAS VOLUNTARIAS INCENTIVADAS

Poderán solicitalas os funcionarios/as de tódalas áreas funcionais, independentemente do posto que ocupen.

Incluirase, como criterio preferente para a súa concesión, as condicións  psicofísicas da persoa traballadora para o desempeño do seu posto de traballo.