A CIG asistiu á Mesa Sectorial do
persoal funcionario (Madrid 4 de marzo 2020) na que temos dereito a participar
por ter a condición de sindicato máis representativo.
Correos comezou a xuntanza
informando sobre a mala situación económica da empresa, indicando que nestes
primeiros dous meses do ano experimentamos unha caída dun 21.79% do correo
tradicional debido á dixitalización. O coronavirus tamén afectou á paquetería porque
estamos a recibir 210 mil paquetes menos de China. Esta introdución valeulles
para anunciar seguidamente que manterían o número de traballadores necesarios
de acordo ao volume de traballo, isto traducido ao linguaxe común significa que
farán recortes na contratación.
Outro punto que tratou Correos foi sobre
os Complemento de Produción e Asistencia (CPA) e de Permanencia e Desempeño (Tramos)
informando que ate de agora estaban pagándose vinculados unicamente á asistencia
efectiva ao posto de traballo, pero que no
futuro o abono destes dous complementos se vincularán non só á asistencia se non
tamén á produtividade individual de cada traballador tal e como se establece no
Convenio.
A subida salarial para este ano
vai ser do 2% e terá carácter retroactivo dende o 1 de xaneiro de 2020 e farase
efectiva cando sexan autorizados pola SEPI, o Ministerio de facenda e a
Comisión de Seguimento de Negociación Colectiva das Empresas Públicas. O incremento
do 1% vinculado ao PIB do 2019, que se abonaría a partires do 1 de xullo de
2020, perderase ao non acadar esta cifra un 2.5%.
Estes son os
conceptos retributivos que se incrementan:
FIXOS
|
VARIABLES
|
-Salario Base
|
-C.P.A. e
Tramos
|
-Pagas
Extraordinarias
|
-Pluses
festivos, de sábados, de nocturnidade, clasificación mecanizada e
produtividade de Nadal.
|
-Antigüidade
|
-Horas
Extraordinarias
|
-Complemento de
destino/Posto tipo e complemento especifico/Ocupación
|
-Plus de
Residencia e incentivo singular pola prestación de servizos en Andorra.
|
A CIG na súa intervención criticou a
perda desa suba do 1%. As centrais sindicais maioritarias non poden seguir
asinando Acordos onde se vinculen parte das subas salariais a futuribles
incertos. Así non vamos a recuperar o poder adquisitivo perdido. O persoal
funcionario dende o ano 2008 leva perdido un 14% e o persoal laboral un 9%.
Reclamamos a devolución do 5%
das retribucións do persoal funcionario retraído das súas nóminas dende o ano
2010.
Reclamamos a equiparación dos
niveis do persoal funcionario de Correos con respecto ao persoal da
Administración Xeral do Estado, lembremos por exemplo que o Grupo C2 na AGE
teñen nivel 14 mentres que en Correos seguimos cun mísero nivel 11. Entendemos
que esta ademais sería unha boa medida para paliar a perda de poder adquisitivo
do persoal funcionario.
Así mesmo solicitamos que se inicie
a negociación para a implantación en Correos das 35 horas semanais, que
ademais de ser unha reivindicación histórica da CIG, sabemos que se están a
implantar noutros organismos.
Os sindicatos maioritarios na súa
intervención limítanse a felicitar á empresa por aplicar a suba salarial.