21 de mar. de 2023

A CIG Insta a Correos Aplicar a Suba Salarial do 2,5% do 2023

A pesares de estar aprobada unha suba salarial do 2,5% para os empregados e empregadas públicas nos orzamentos xerais do estado para o ano 2023, Correos aínda non a aplicou ás exiguas nóminas dos seus traballadores e traballadoras. 

O incremento imparable dos prezos e os soldos baixos da maioría dos empregados desta casa, fai moi difícil que moitas familias poidan chegar a fin de mes.


Por este motivo a CIG instou a Correos a realizar todas as xestións oportunas diante o Ministerio de Facenda coa finalidade de que a maior brevidade posible os traballadores e traballadoras de Correos poidan cobrar a suba salarial correspondente a este ano.

Así mesmo a CIG  solicitou a Correos unha REUNIÓN URXENTE da Mesa Sectorial ou de Negociación Colectiva para traballar nun Acordo de Mellora das retribucións, pois os incrementos pactados polos sindicatos CCOO e UGT co goberno para os anos 2022, 2023 e 2024 para os empregados públicos son totalmente insuficientes para manter o poder adquisitivo. 

É importantísimo que calquera Acordo ou Convenio que se asine en Correos leve consigo unha cláusula de revisión salarial coa finalidade de evitar o empobrecemento ao que nos arrastrou o “Pacto de Perdas” asinado por CCOO e UGT e o goberno que nin sequera permite recuperar o poder adquisitivo perdido en 2022".

Os empregados e empregadas públicos levamos perdido dende o ano 2010 un 20%. E preguntámonos até cando imos a aguantar esta situación insostible no tempo.

Mentres outros sindicatos continúan coa súa guerra político-sindical contra o presidente de Correos sen importarlles que polo medio están prexudicando aos traballadores, a CIG solicita de forma urxente empezar a traballar nun Acordo Interno de suba salarial que permitan mitigar en parte os salarios perdidos e impedir seguir afondando nesa caída da capacidade adquisitiva.

👇👇👇👇👇👇👇👇

MÁIS INFORMACIÓN: