24 de feb. de 2022

A CIG Presenta Recurso Contencioso Administrativo no Xulgado Central contra o Calendario Laboral 2022 imposto por Correos

 

A Confederación Intersindical Galega (CIG) ven de rexistrar recurso Contencioso Administrativo contra o Calendario Laboral 2022 imposto por Correos. Este Calendario afecta  directamente ao Persoal Funcionario ao contravir o establecido no Acordo Xeral no referente á organización das vacacións e as súas porcentaxes, así como no referente á concesión dos Asuntos Propios.

Na defensa do Persoal Laboral a CIG únese as demandas que presentaron outras OOSS contra Correos por establecer no caso das vacacións unhas porcentaxes e unha organización distinta á establecida no III Convenio é no caso dos días de Asuntos Propios unha redacción distinta á establecida no III Convenio.

O vindeiro luns 28 de febreiro acudiremos ao Acto de Conciliación no SMAC prevía a presentar demanda por Conflito Colectivo na Audiencia Nacional.

A CIG non vai a tolerar nin consentir ningunha agresión aos traballadores/as e poñerá todos os medios ao seu alcance para reverter a imposición de Correos no Calendario Laboral.

Aos CCOOmpañerios cos seus 534 LIBERADOS en Correos (máis de 10 liberados por provincia con horas regaladas pola empresa para que fose o seu voceiro)  dicímoslle que por moito que  repitan unha mentira esta non se converte en verdade. A CIG ten credibilidade diante dos traballadores/as de Correos polo noso traballo diario nos Centros na defensa das súas condicións de traballo, NON  por vender NIN intercambiar os seus dereitos.

Hai unha gran diferenza entre a CIG e estes xemelgos de conveniencia CCOO e UGT. Nós defendemos aos traballadores/as sen recibir nada a cambio  e vostedes defendían a empresa mentres recibían miles de horas para liberados, cartos para formación, entre outras prebendas.

A CIG unha vez mais demostra que denuncia os atropelos da empresa aos dereitos dos traballadores/as.