Onte
aprobouse no Pleno do Concello de Lugo a moción presentada polo BNG a
iniciativa da CIG pola defensa dos tres postos de traballo que Correos pretende
eliminar coa implantación da reestruturación o vindeiro 27 de febreiro.
A moción
foi aprobada por tódolos partidos políticos coa única abstención do Partido Popular
que unha vez máis quedou retratado. O PP segue coa súa política de
desmantelamento dos servizos públicos e non é un segredo que a súa intención
respecto de Correos e a precarización laboral e posterior privatización... por
algo nos integraron na SEPI (ente privatizador das empresas públicas).
Agora
unha vez aprobada a moción, o Concello de Lugo dirixirá escrito instando ao Presidente
da SEPI, ao Ministerio de Fomento e ao Presidente de Correos para que se
manteñan os 3 postos de traballo que se suprimiran a partir do vindeiro 27 de
febreiro por mor da implantación da reestruturación.
Dende
a CIG seguemos reclamando un novo estudo onde se teña en conta entre outros
aspectos o crecemento da cidade e o aumento do correo debido ao peche de
UNIPOST.
Dende a
CIG seguiremos traballando sen descanso na defensa dos dereitos de tódolos
traballadores/as de Correos.