O sector de Correos da CIG-Administración denuncia o colapso que están sufrindo as unidades de reparto de Foz e Monterroso (que abarca tamén os Concellos de Palas e Antas) debido á acumulación de correo e propaganda electoral sen repartir.
Estas dúas oficinas xa arrastraban problemas de acumulación de envíos “debido á política de contratación cero que aplicada polo novo xefe de sector da provincia”, explica o secretario da CIG-Correos, John Vivanco, quen lamenta que non se adoptaran as medidas oportunas no seu día.
Esta falta de contratación, advirte, non só repercute de xeito negativo na calidade do servizo senón tamén na saúde dos/as traballadores/as. Pon como exemplo a situación da oficina de Foz na que o 80% do cadro de persoal está de baixa.
“Agora estase a contratar persoal a toda présa para tentar resolver un problema grave: está en perigo o reparto da propaganda electoral en prazo e cos niveis adecuados de calidade”, apunta Vivanco. A CIG xa advertiu á empresa que non vai permitir que se presione os traballadores/as destas dúas oficinas para que se traballe fóra da xornada laboral. “Correos debe contratar persoal suficiente e tomar as medidas correctoras para que estes feitos non se repitan”, conclúe.
Notas de Prensa:
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
- Telegram -> https://t.me/cigcorreos
- Facebook -> https://www.facebook.com/cigcorreos
- Instagram -> https://www.instagram.com/cigcorreos
- Twitter -> https://twitter.com/cigcorreos
- Youtube -> https://www.youtube.com/cigcorreosvideos