18 de mar. de 2014

Apertura do prazo para solicitar a prestación por fillo/a menor de 3 anos (360€)

Dende hoxe até o 26 de abril poderán achegar a solicitude aquelas persoas que teñan fillos ou fillas menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2014 (nacidos entre o 2.1.2011 e o 1.1.2014, incluídos) e que, durante o ano 2012, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.

No caso de fillos ou fillas adoptados/as ou acollidos/as entre o 31 de decembro de 2012 e o 31 de decembro de 2013, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

- Podedes consultar as bases no DOG nº 52 do 17 de marzo de 2014