O 30 de xullo de 2020, Correos publicou as bases da
Convocatoria de Emprego 2020, na Web www.correos.es. Nas bases quedan
establecidas os requisitos dos participantes e a valoración das dúas fases da
convocatoria de emprego: Proba selectiva ou exame e fase de méritos.
A convocatoria será un concurso oposición ao que se
poderá presentar calquera persoa que cumpra os requisitos, traballase en Correos
ou non, con dúas fases. Haberá probas diferenciadas para os postos de Reparto e
Axente Clasificación e para Atención ao Cliente.
POSTOS REPARTO e AXENTE
CLASIFICACIÓN
O proceso para estes postos será valorado cun
máximo de 100 puntos, dos que 63 serán para a fase de proba ou exame e 37 para
a fase de méritos. Tamén se puntuará coñecementos de Inglés segundo titulación
2 puntos e para postos en Ceuta e Melilla coñecemento de árabe mediante proba 2 puntos.
A proba consistirá nun cuestionario tipo test, cun
90 % relacionadas con preguntas xerais e específicas para estes postos, segundo
os 12 temas de exame que conteñen as bases e outro 10 % con preguntas
psicotécnicas, As respostas erróneas non puntuarán negativamente e darán 110
minutos para a realización do exercicio. Como novidade haberán
10 preguntas adicionais de reserva que se valorarán no caso de que se anule algunha
pregunta das 100 anteriores.
Cada pregunta acertada se valorará con 0.63 puntos,
sendo a valoración desta proba a correspondente á puntuación total das
respostas acertadas.
FASE DE MÉRITOS REPARTO e
AXENTE CLASIFICACIÓN
Aos aspirantes que superasen a proba ou exame,
teráselles en conta estes méritos e puntuacións, valoradas a 31 outubro de 2020.
1.
Antigüidade: puntuarase a suma total da antigüidade en calquera posto de
traballo en Correos dende o 1 de maio de 2012. Por cada día, ou o seu
equivalencia de contratos a tempo parcial: 0,00254 puntos, cun máximo de 6,5
puntos.
2. Por
desempeñar cada un dos postos da provincia solicitada dende o 1 de maio de 2012.
Por cada día completo e o seu equivalencia de contratos a tempo parcial: 0,00254
puntos, cun máximo de 8,5 puntos.
3. Para
o posto de reparto moto, estar en posesión do permisos de condución de moto (A1)
6 puntos. Para o posto de reparto a pé e
axente o de coche estar en posesión do
carné (B1) coche, 2 puntos.
4. Pola
pertenza ás bolsas de emprego do posto e provincia solicitada e segundo
valoración dos méritos aparecida nas mesmas:
Méritos
entre 0 e 5: 2,5 puntos.
Méritos
maiores de 5 e ata 15: 6 puntos.
Méritos
maiores de 15 e ata 30: 9 puntos.
5. Posesión de titulación universitaria, 3 puntos e no caso de formación profesional ou Bachirelato outros 3 puntos, sendo en ningún caso acumulables.
Formación. Valoraranse os
seguintes cursos de formación:
Curso o
Cliente e a cadea de valor: 0,5 puntos
Curso
de Porfolio de produtos: 1,3 puntos
Curso
de Paquetería 1,3 puntos
Curso
de Excel básico persoal operativo: 1,3 puntos
Curso
de Dixitalización III, 1,3 puntos
Curso
de SGIE e PDA: 1,6 puntos
POSTOS de ATENCIÓN ao
CLIENTE
O proceso para estes postos será valorado cun
máximo de 100 puntos, dos que 63 serán para a fase de proba ou exame e 37 para
a fase de méritos. Tamén se puntuará coñecementos de Inglés segundo titulación
6 puntos e para postos en Ceuta e Melilla coñecemento de árabe mediante proba 6
puntos.
A proba consistirá nun cuestionario tipo test, un
90 % relacionadas con preguntas xerais e específicas para estes postos, segundo
os 12 temas de exame que conteñen as bases e outro 10 % con preguntas
psicotécnicas, As respostas erróneas non puntuarán negativamente e darán 110
minutos para a realización do exercicio. Como novidade haberán 10 preguntas adicionais
de reserva que se valorarán no caso de que se anule algunha pregunta das 100
anteriores. Cada pregunta acertada se valorará con 0.63 puntos, sendo a
valoración desta proba a correspondente á puntuación total das respostas
acertadas.
FASE DE MÉRITOS ATENCIÓN
ao CLIENTE
Aos aspirantes que superasen a proba ou exame,
teráselles en conta estes méritos e puntuacións, valoradas ao 31 de outubro de
2020.
1.Antigüedad:
puntuarase a suma total da antigüidade en calquera posto de traballo en Correos
dende o 1 de maio de 2012. Por cada día completo ou o seu equivalencia de contratos
a tempo parcial: 0,00254 puntos, cun máximo de 6,5 puntos.
2.Por
desempeñar cada un dos postos da provincia solicitada dende o 1 de maio de 2012.
Por cada mes completo e o seu equivalencia de contratos a tempo parcial: 0,00254
puntos, cun máximo de 8,5 puntos.
3.Por
titulación Universitaria oficial, 6 puntos. Quen obteña puntuación por este
apartado, non se lles computará no seguinte.
4.Pola
posesión do Título de Formación ou Bacharelato, 4 puntos.
5.Pola
pertenza ás bolsas de emprego do posto e provincia solicitada e segundo
valoración dos méritos aparecida nas mesmas:
Méritos
entre 0 e 5: 2,5 puntos.
Méritos
maiores de 5 e ata 15: 6 puntos.
Méritos
maiores de 15 e ata 30: 9 puntos.
Formación. Valoraranse os
seguintes cursos de formación:
Curso
de Cliente e a cadea de valor: 0,5 puntos
Curso
de Porfolio de produtos: 1,3 puntos
Curso
de Paquetería, 1,3 puntos
Curso
de Excel básico persoal operativo: 1,3 puntos
Curso
de Dixitalización III: 0,5 puntos
Curso
de Técnicas de Venda I: 1,6 puntos
Quedan pendentes para o Segundo Desenvolvemento a
apertura do prazo de admisión de solicitudes, a oferta das prazas por
provincias e a data de exame. Unha vez máis se penalizou aos traballadores das
bolsas ao non contarlle toda a antigüidade na empresa tal e como se fai no
resto da administración.