Unha vez publicadas o primeiro desenvolvemento das Bases para o ingreso do persoal laboral fixo 2020.
Dende a CIG dicimos o seguinte con respecto da puntuación que se da polo coñecemento de inglés e dos dialectos do árabe Dariya e Tagmazid:
· Entendemos que nunha convocatoria estatal deslocalizada provincialmente que o coñecemento do galego, lingua cooficial en Galiza non se teña en conta nas provincias galegas é un ataque e menosprezo a nosa lingua e a nosa cultura. Ademais dunha vulneración do artigo 3 da Constitución española.
A CIG como organización Nacionalista e de
clase defensora da súa lingua e patrimonio cultural, presentou dous escrito a
Madrid. Un conxuntamente cos sindicatos LAB, ELA, STAS intersindical Valenciana
e Intersindical Canaria e outro escrito en nome da nosa organización,
criticando a valoración como méritos dunha lingua e dialectos estranxeiros e solicitando
no escrito unha rectificación por parte de Correos mediante a publicación dun Anexo
no que se comunique que o coñecemento das linguas cooficiais Galego, Eukera e Catalán
puntuarán como méritos nas Comunidades Autónomas onde existan linguas cooficiais,
como mínimo coa mesma puntuación que se da ao inglés e aos dialectos árabes.