Curso dirixido a todo o
persoal de Correos, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa,
coa empresa desempeñando a súa actividade ao inicio da formación e que non
realizara e superara con anterioridade esta formación, nin coa empresa nin
mediante organismos homologados para impartir formación da compañía.
Prazo de inscrición ate o 31 de Xullo
Inscrición: dende o campus virtual
Como inscribirte dende
internet: unha vez que entras en formación de Correos, debes de ir á parte
inferior dereita debaixo de onde pon usuario e contrasinal. alí xa te indica
"fai clic aquí para solicitar curso".
O curso realizarase on-line dende un ordenador alleo a Correos e
fóra da xornada laboral. O curso se iniciará ao longo do mes de agosto e se
desenvolverá durante os meses seguintes os
alumnos poderán elixir, as datas que máis lles conveñan de entre as
dispoñibles.
Tras o proceso de
inscrición, comunicarase por e-mail e SMS o comezo
da formación. Recoméndase revisar a dirección de correo persoal do apartado
"mi perfil" e aceptar a modalidade de citación por SMS.
Expediente Formativo
O curso incluirase no
expediente formativo de todos aqueles que completen a acción formativa e ademais
recibirán unha compensación polo custo da conexión a internet. Ademais terás a
posibilidade de descargar o diploma dende a plataforma de formación.
No caso de que xurda
algunha incidencia técnica durante a inscrición e/ou durante a realización do
curso, os alumnos deberán dirixirse ao centro de atención ao estudante centro.atencionestudiante@telefonica.com