19 de xul. de 2022

Un ventilador para soportar as asfixiantes temperaturas deste verán. O insultante o proceder de Correos co persoal da oficina de Balaidos


A CIG ven de denunciar a Correos diante da Inspección de traballo, ante a situación que están a padecer as compañeiras e compañeiros da sucursal de Balaidos.

Dende hai varios meses a empresa ten coñecemento da deficiencia no sistema de aire acondicionado en esa oficina, pero  a solución segue sen chegar.

No pasado mes de maio a empresa aproba dar solución a problemática pero a realidade é que a estas alturas as compañeiras e compañeiros da devandita oficina están a soportar, as temperaturas asfixiantes, que estamos a padecer. Tendo que traballar en condicións inhumanas.  

En lugar de dar unha resposta definitiva que realmente resolva o problema a empresa limitouse a colocar un aparato provisional que non da a cobertura necesaria e provoca problemas de saúde o persoal , posto que en algúns casos lle repercute de maneira directa . Para mais irritación a empresa ante as queixas , recoñece que non vai poder dar unha solución definitiva ata mediados de agosto como moi pronto e limitase a enviar un ventilador. 

É insultante que se tarde tanto tempo en resolver un problema que xa coñecían dende antes do verán, pero máis grave aínda é que pretendan rirse do persoal enviando un só ventilador.

Non é de recibo que mentres se gastan  miles de euros para renovar despachos da dirección as traballadoras e traballadores teñan que estar en esta situación. 

A dirección de Correos enchéselle a boca dicindo que  o persoal é o capital máis importante da empresa pero os feitos acreditan o contrario. 

Problemática similar na oficina de Salceda de Caselas, que segue sen resolverse, por non falar dos carteiros rurais que poñen cartos do seu peto para desempeñar o traballo , posto que Correos leva máis de unha década sen revisar o suplido por aportación de vehículo ou o incumprimento da suba salarial do 2% aprobado .

Prensa:

Xornal de Vigo

Hora 14 Vigo

Faro de Vigo