O pasado 4 de xullo a C.I.G. presentou denuncia ante a Inspección de Traballo de A Coruña en atención as queixas recibidas por parte do persoal que realiza o reparto nas motos de Correos (sobre todo nas motos eléctricas).
Dende este Sindicato entendemos que a perigosidade á que se expón o persoal que realiza o reparto en moto ven motivada, en gran parte, por que os pneumáticos non se adhiren suficientemente á calzada cando está mollada.
Dita circunstancia foi trasladada pola C.I.G. ao Xefe de Distribución da Área Noroeste en setembro de 2021. A contestación que recibimos foi que: “ (...) dita marca leva usándose máis de 2 anos en Correos, sen que se evidenciou a existencia de casos de accidente de traballo nos que a calidade do pneumático tivese influencia.”
Como dato a resaltar, e apesares do “baixón de actividade” que se produciu en Correos durante a Pandemia pola COVID 19, na provincia de A Coruña rexistráronse no período comprendido entre o 03/12/2018 ao 30/03/2022 76 accidentes de moto motivados por: esvaramento, patinaxe, derrapamento e similares.
Dende C.I.G. consideramos que os pneumáticos deben de adaptarse ás condicións climatolóxicas de cada Rexión e que os pneumáticos non deben de se-los mesmos para todo o Estado:
As condicións climatolóxicas non son as mesmas en Galiza que en Andalucía, Canarias, etc., por iso,
C.I.G. SOLICITA Á INSPECCIÓN DE TRABALLO QUE SE INVESTIGUEN ESTES FEITOS PARA QUE CORREOS DOTE ÁS MOTOS DUNS PNEUMÁTICOS QUE OFREZAN MELLOR ADHERENCIA Á CALZADA.