7 de nov. de 2022

CORREOS PON EN RISCO A DIARIO A VIDA DE CENTOS DE CARTEIROS E CARTEIRAS



A CIG denuncia ante a Inspección de Traballo, 
cansa do lamentable estado das motos.

O sindicato CIG-Correos, ven de denunciar ante a Inspección de traballo o incumprimento por parte da empresa da normativa de seguridade laboral, con centos de traballadores que arriscan a súa vida diariamente nas rúas, durante a súa xornada laboral.


Este sindicato xa advertiu a empresa en diferentes ocasións sobre o lamentable estado das motos en Correos e da gravidade da situación para o persoal. Ante a pasividade da empresa no pasado mes de Xullo realizou un informe pormenorizado de cada unha das motos que prestan servizo nas diferentes unidades da empresa. Este foi trasladado a dirección de Correos, reiterando a urxente necesidade de que se adoptasen medidas para previr , que en calquera momento puidera haber lamentar un fatal desenlace e que as compañeiras e compañeiros non teñan que estar poñendo en risco a súaintegridade física.

Froito do mesmo a empresa responde con algunhas medidas que resultan irrisorias para as necesidades que hai ou con outras que catro meses despois seguen sen verse realizadas.

No pasado mes de setembro a CIG-Correos, volta a facer unha nova revisión e lamentablemente comproba como a situación segue a ser na maioría dos casos un auténtico despropósito, e reitera novamente a necesidade de medidas inmediatas, e acreditase novamente a insuficiencia e efectividade do servizo de mantemento.

Ante a falta de actuación ante unha situación que non se pode soster máis tempo , porque estamos a falar da vida das persoas a CIG acaba de presentar denuncia ante inspección de traballo.

Notas de prensa: