A CIG presenta denuncia diante a Inspección de Traballo solicitando que se paralice a entrada en vigor da orde de recoller as sinaturas na PDA e acuses de recibos dos produtos antes mencionados ate que a mesma non se estude, negocie e aprobe no seno da Comisión Estatal de Saúde Laboral baseándonos nas seguintes consideracións:
a) Que os traballadores/as de Correos non están vacinados a pesares das
reiteradas solicitudes realizadas por este sindicato, por ser un colectivo
vulnerable ao contaxio e poder ser fonte de propagación do virus. Os
traballadores de Correos foron cualificado como persoal esencial durante a
pandemia.
b) Que a recollida de sinaturas é unha exposición innecesaria dos
carteiros/as ao contaxio pois é imposible saber si a persoa receptora está en
corentena, contaxiado etc.
c) Que a Modificación do documento de Medidas Organizativas e Preventivas
do 18 de xaneiro de 2021 se realizou sen a convocatoria da Comisión Estatal de
Saúde Laboral para a súa negociación e estudo desta medida.
d) A empresa NON xustifican que o cambio veña obrigado por ningún tipo de norma ou disposición legal aprobada recentemente.
e) A empresa ten que garantir a saúde dos traballadores/as e dos cidadáns. En virtude do Estatuto dos Traballadores e da Lei de Prevención de Riscos Laborais 31/1995 é o empresario quen ten o deber da protección dos traballadores/as fronte aos riscos laborais. OS traballadores/as debemos garantir a nosa saúde e dos cidadáns, polo tanto estamos na obriga todos/as de cumprir estes parámetros. Incluído non realizar a nosa actividade laboral, si poñemos en perigo nosa saúde e dos cidadáns, como actualmente.
Dáse
polo tanto, unha situación de grave risco para a saúde das traballadoras e
traballadores, que desenvolven un contacto innecesariamente próximo coas usuarias
e usuarios do servizo.