SE ESTAS DE BAIXA POR ENFERMIDADE, MAIS DESCONTOS E RECURTES NA TÚA MÍSERA NÓMINA
Para non perder o vicio
o PP segue a meter a man nos petos dos traballadores/as públicos
- O día 15 de outubro entrou en vigor o artigo 9 do RD Lei 20/2012 (O dos recortes do PP)
- Increméntanse os descontos do salario por estar enfermo
- Continúan penalizando a enfermidade
- Agora quedamos nestas condicións salariais se estamos de baixa:
Dende o 1º ó 3º día: Percibirase o 50% das retribucións básicas, complementarias e por fillo cargo
Dende o 4º ó 20º día: Percibirase o 75% das retribucións básicas, complementarias e por fillo a cargo
Dende o 21º ó 90º día: Percibirase o 100% das retribucións básicas, complementarias e por fillo a cargo.
- Se a baixa deriva de continxencias profesionais a retribución a percibir poderá ser completada dende o primeiro día ata chegar a un máximo do 100% do salario do mes anterior.
- Cada Administración poderá determinar supostos excepcionais e debidamente xustificados para os que pode establecer un complemento de ata o 100% do seu salario. Estarán debidamente xustificados os supostos de hospitalización e operación cirúrxica.
NON PODEMOS SEGUIR SUMISOS, IMPASIVOS E CALADOS MENTRES NOS RECURTAN OS NOSOS DEREITOS, OS NOSOS SALARIOS E PISOTEAN A NOSA DIGNIDADE COMO TRABALLADORES E TRABALLADORAS