A CIG convoca mobilizacións o 10 de marzo baixo o lema “Reformas Laborais e Lei Mordaza, anulación xa!”
O secretario nacional da CIG, Suso Seixo, cualifica o goberno do PP de “incompetente e considera “insultante” que intente agochar a realidade laboral e social existente en Galiza
Con motivo do Día da Clase Obreira Galega, a CIG convoca asembleas e mobilizacións nas 7 cidades e en varias vilas galegas baixo o lema “Reformas Laborais e Lei Mordaza, anulación xa!”. A central sindical denuncia que o obxectivo destas contrarreformas era, e así se evidenciou, precarizar as condicións laborais para favorecer o incremento de beneficios para as empresas e dotarse da lexislación necesaria para reprimir a contestación social a esas medidas antiobreiras e antisociais. Por iso, e atendendo aos resultados das eleccións do 20-D, neste 10 de Marzo, a CIG exixe a súa inmediata derrogación.
Para ampliar a información e para comprobar as horas e lugares das concentracións e manifestacións
Pica AQUÍ