Correos comunicou onte que trala aprobación, o 25 de setembro, pola Secretaría de Estado de Presupostos e Gastos e pola Comisión de seguimento da Negociación Colectiva das Empresas Públicas, na nómina do mes de Outubro abonaranse as cantidades correspondentes á suba salarial do ano 2020 con efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2020. Esta suba se aplicara a todos os colectivos.
INCREMENTOS SALARIAIS:
Persoal funcionario, Laboral fixo e eventual incremento do 2% das retribucións dende o 1 de xaneiro de 2020.
Estes son os conceptos retributivos FIXOS que se incrementan:
Ø Salario.
Ø Trienios.
Ø Complemento de posto tipo ou de destino.
Ø Complemento de ocupación ou específico.
Ø Complemento específico I ou de
ocupación.
Ø Paga extraordinaria.
A subida dos complementos retributivos VARIABLES:
Ø Complemento de Produción e Asistencia
CPA
Ø Complemento de permanencia e
desempeño (Tramos)
Ø Pluses de nocturna, sábados,
festivos e automatización.
Ø Gratificacións de Nadal.
Ø Horas extras.
Ø Plus de residencia e incentivo singular pola prestación de servizos en Andorra.
Suben as retribucións EXCEPTO a indemnización por aportación de vehículo que continua e continuará conxelada.
Proximamente se convocarán as Mesas de Negociación
correspondentes para abordar, no marco establecido polos R.D. 24/2018 do 21 de
decembro e 2/2020 do 21 de xaneiro, polo que se aproban medidas urxentes en
materia de retribucións no ámbito do Sector Público e as pautas para a Negociación
Colectiva das Entidades do Sector Público Estatal 2019 e 2020, os fondos adicionais
de 2019 (0,25% da masa salarial) e 2020 (0,30% da masa salarial).