Aberto o prazo para participar na ampliación do Concurso de Traslados
Solicitudes dende: o 6 de outubro até o 13 de outubro ambos inclusive
As bases establecen que poderán participar:
- Os traballadores/as que non presentaron solicitude na convocatoria do 5 de xuño de 2019.
- Os traballadores/as que participaron no proceso e obtiveron destino nalgunha das asignacións realizadas. A presentación dunha nova solicitude supoñerá formar parte da nova listaxe de ordenación, coas novas peticións solicitadas.
- Os traballadores/as que contan cunha solicitude activa nestes momentos e queiran presentar unha nova solicitude. A presentación da nova solicitude supoñerá a anulación da existente, pasando a formar parte da nova listaxe de ordenación, coas novas peticións solicitadas.
- Os traballadores/as que, como consecuencia de superar o proceso de ingreso, incorporáronse xa como persoal laboral fixo de Correos o día 1 de xullo de 2020.
Os méritos valoraranse, para os novos traballadores e traballadoras integrados na ampliación, a data do 31 de outubro de 2020, excepto para os cursos de formación que se valorarán ata o 15 de decembro de 2020.
OS TRABALLADORES/AS SOAMENTE PODEN DISPOÑER DUNHA ÚNICA SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN ACTIVA NO PROCESO.
Asignación de Postos de Traballo:
- En cada adxudicación, Correos procederá a asignar, en primeiro lugar, aos traballadores/as integrados na lista de valoración da convocatoria do 5 de xuño de 2019, e que non formularon nova solicitude.
- Posteriormente, adxudicaranse os postos de traballo que non se cubriron, aos traballadores/ as integrados na nova lista de ordenación que resulte desta ampliación de prazo.
Inscrición:
Os interesados/ as en participar nesta nova apertura do Concurso de Traslados poderán facelo a través das ligazóns habilitadas na intranet e na web de Correos:
https://conecta.correos.es No destacado, Concurso de traslados que se atopa na páxina principal, ou ben a través do canal Persoas.
a través da Web, www.correos.com; no menú de páxina principal, Persoas e talento>Procesos internos.