17 de abr. de 2020

Máxima prevención, mínima exposición





#QueEscoiten

O Delegado Sindical de CIG Correos en A Coruña  Xosé Fernando Novás, ven de achegar ó Director da Zona nº 1 de Correos en Compostela unha carta na que lle traslada a súa preocupación pola actitude da Dirección da Empresa Pública e de algún dos seus mandos intermedios e lle pide que traslade esta preocupación ó Presidente da Empresa Pública.

Protocolo ó 100%, tests de detección rápida e revisión dos obxectos postais de verdadeira necesidade

Tamén o insta a facer cumprir ó 100% o protocolo contra o covid19 e de insuflar en todo o persoal de Correos a filosofía de máxina prevención mínima exposición, e suxírelle que a empresa lave a cara realmente dotándose de test de detección rápida para o persoal de primeira liña de exposición,  contribuíndo á contención do coroavirus con medidas reais e non con escenificacións para a galería, e que entrementres se minimice a exposición dos traballadores e traballadoras e se inste ó goberno a facer unha revisión dos “obxectos postais” que deben de ser admitidos e distribuídos pola súa real necesidade.

Aínda que a filosofía do protocolo é a correta, a súa aplicación desmerece

Comeza explicando que estamos a vivir una situación de extrema gravidade, que as desafortunadas decisións tomadas nun pasado recente e que colocan a Correos como segundo sector público máis afectado polos contaxios de covid19 son un feito, que as traballadoras e traballadores de correos séntense vulnerables é un clamor.
E segue “dado isto, a estas alturas, temos un protocolo de actuación contra o covid19 e instrucións para a actividade dos distintos colectivos da empresa, que aínda que algúns consideramos insuficiente na aplicación de medidas e medios, é certo que xa cubre a maioría das nosas demandas e sobre todo creemos que a filosofía que o inspira é a correcta aínda que na súa aplicación desmereza.” polo que insisten en manter as premisas que os guían dende o principio da alarma, "máxima protección, mínima exposición".

Correos esforzase máis en facer propaganda que en promover e vixiar a correcta e completa aplicación do protocolo

Dí o delegado da CIG en Correos que nesas dúas premisas é onde cree cadrar co protocolo e instrucións contra o covid19 de Correos. Pero desafortunadamente só aí, no fondo, na filosofía que só asoma timidamente á práctica. “Porque na realidade vemos que a Dirección adica máis esforzos a lavar a imaxe comercial da empresa con propaganda de “aplausos a las ocho”, ben merecidos, por suposto, pero que supoñen un desprazamento e exposición innecesarios fora da xornada do persoal” (correos non presta servizos na rúa despois das 14:00h.)
Di Novás que Correos esforzase máis en facer propaganda que en promover e vixiar a correcta e completa aplicación do protocolo e das instrucións para o persoal.
E consideran que é esencial transmitir ós xefes de equipo  e outros, que non é o momento de gañar méritos presionando ós empregados e empregadas de Correos para render máis,
Poñen coma exemplo á xefa adxunta da UR de O Burgo, na bisbarra de A Coruña, onde xa se denunciou o incumprimento do protocolo corrixíndose en parte certas actuacións e actitudes, pero onde aínda persisten por parte desta outras que califican de temerarias.

Actitudes temerarias

 Describen  as actuacións na unidade de reparto de O Burgo onde se obriga a reunir ó completo á plantilla ó remate da xornada innecesariamente, por antoxo da xefa adxunta, provocando unha situación de exposición colectiva a todo posible virus infectante recollido por calquera dos carteiros no reparto, tamén dí que non está habilitada unha papeleira exclusiva para o material de protección covid19 como reza o protocolo e nin a propia sefa adxunta respecta a distancia de seguridade, nin o uso de mascariña na relación cos seus compañeiros. Tamén explica a este medio, que non se respecta a filosofía de compartimentación de grupos de traballo en dúas quendas.
“É fundamental que a Dirección verta todos os seus recursos para mentalizar ós mandos intermedios en cumprir exemplarmente e trasladar ó persoal subordinado o espíritu do protocolo.”din na CIG.

NOS DIARIOS
Nós Diario: https://www.nosdiario.gal/articulo/traballo/cig-correos-critica/20200420182740095623.html
Avantar: https://www.cig.gal/nova/cig-correos-pide-estremar-as-medidas-de-proteccion-e-a-realizacion-de-test-rapidos-a-todo-o-persoal.html