Hoxe
día 14 de abril tivo lugar a Xuntanza da Comisión Estatal de Saúde Laboral na
que a empresa a modo de NODO informativo informounos do seguinte:
Ø Datos actualizados de casos positivos de COVID-19 e
postos en corentena: 836 contaxiados
e 2.197 traballadores postos en
corentena. A CIG denunciou neste
punto que dende o 6 de abril a empresa deixara de pasar os datos de positivos.
Data casualmente coincidente coa que os medios de comunicación informaban que
Correos era o segundo colectivo con máis positivos só por detrás do colectivo
de sanitarios.
Ø Que, a media de persoal entre o 6 e o 9 de abril, foi dunhas
13.617 persoas que significan un 24,82%.
Na intervención da CIG fixo constar que non nos cremos os seus datos por
iso solicitamos os datos desglosados por colectivos. Tamén insistimos en que, se organice o traballo co persoal mínimo
imprescindible, coa finalidade de que un traballador acuda ao seu posto 1 de
cada 4 días e así minimizar a súa exposición ao virus.
Ø Que mercaron 10´2 millóns de luvas, 7´2 millóns de xeles
desinfectante, 4´2 millóns de máscaras. A
CIG neste punto denunciou que se debe garantir a reposición de estes
elementos de protección e que se dean as
instrucións precisas a todas as Xefaturas para que no caso de que falten EPIS se suspenda a actividade inmediatamente.
Ø Que mercaron 5.490 biombos de metacrilato para rede de
oficinas e entre 700 a 650 biombos de metacrilato para as oficinas auxiliares (rurais.)
A CIG ve completamente insuficientes o
número de biombos de metacrilato para as Oficinas Auxiliares ..... é que o
persoal rural é de segunda categoría?? Non merece ser protexido?? Que, criterios, que datos se utilizaron para mercar só 700 biombos?? Dende CIG
solicitamos que se proceda a mercar de xeito urxente os biombos que sexan
necesarios para que doten a todas as oficinas auxiliares deste material.
Ø A empresa propón
que a desinfección de vehículos, carros de reparto e dos equipos de traballo o
realicen os traballadores para iso compraron
toallitas desinfectantes con produto
hidroalcohólico ao 70%, de
hipoclorito sódico ao 95% e spray escumantes con peróxido de hidróxeno ao 0,36%. A CIG entende que non se pode trasladar a
responsabilidade de limpar equipos, vehículos e carros de reparto aos traballadores/as; primeiro porque non son especialistas
en limpeza e en segundo porque é responsabilidade do empresario garantir a
seguridade dos traballadores. O vemos ben como medida complementaria, pero se
debe contratar unha empresa especializada en desinfección para evitar contaxios.
Ø Facilitarán novos Manuais específicos de información para
Repartición, ATC, Axentes
Clasificadores, Administrativos. Tamén se introducen novos manuais, para
Xefaturas Intermedias e para o colectivo do persoal de limpeza. A CIG realizará as alegacións e as
propostas necesarias para mellorar estes manuais, outra cousa é que as teñan
en conta.
Ademais a
CIG fixo contar que:
Necesitamos
urxentemente que se realicen TEST de
COVID-19 a todos os traballadores/as de Correos para saber o número
real de persoal contaxiado e sobre todo para identificar aos infectados asintomáticos para poñelos en corentena. Por
este motivo non se poden reiniciar as actividades coma se nada ocorrese. O
persoal de notificacións non debe iniciar as actividades nin débese ampliar
horarios de oficinas mentres non se realicen os TEST.
Débese
de informar a todos os traballadores/as nos Centros que se dea un caso de
contaxio por se tiveron algún tipo de contacto co traballador/a afectado. Tamén
se informará de todas as medidas de prevención que se van a tomar, non como ata
o de agora que non se decatan ata días despois cando se dan de conta que falta
un compañeiro/a ou que se está procedendo a unha desinfección sen saber por
qué.
Así mesmo débeselles de
informar diariamente ós delegados/as de persoal en cada provincia do persoal
positivo en COVID-19, do persoal posto
en corentena e as medidas adoptadas. Ademais débese poñer en corentena a toda a
unidade onde se dea un caso de contaxio ou posible contaxio ate que non se
fagan os TEST.