Correos comunica na reunión de hoxe que a supresión
obrigatoria dos sábados levarase definitivamente a cabo no primeiro
cuadrimestre de 2020.
Segundo a empresa a aprobación do Real Decreto de
Xornadas Especiais, que debe ser en xaneiro, no primeiro Consello de Ministros
de 2020 será clave.
De acordo co texto entregado por Correos fixa o
prazo para poñer en marcha a supresión obrigatoria dos sábados antes do último
día do mes de abril.
Correos informou que se realizará o pago con
carácter retroactivo na nómina de febreiro do plus dos sábados (7,75€/hora) que
cada traballador realizase desde o 1 de xullo, que é cando debía poñerse en
marcha esta medida.
Antes do 15 de xaneiro de 2020, Correos remitirá ao
persoal de oficinas, USE’S e CTA unha solicitude para que expresen de forma
personalizada a súa voluntariedade (ou non) para prestar servizo nun, dous ou
máximo tres quendas de sábados e no caso das xefaturas intermedias
habilitaranse as fórmulas organizativas para dar a cobertura necesaria.