A CIG
convoca folga todos os sábados de forma indefinida dende o día 23 de xuño de
2018, para todo o persoal, iso inclúe tanto ao persoal laboral como
funcionario, con independencia da súa relación Xurídica con Correos e abarca
toda a provincia de Lugo en horario de 08:00 horas ata ás 15 horas.
É unha folga legal convocada e comunicada á
autoridade laboral e a Correos e reúne todas as garantías para @s traballador@s.
Os motivos específicos desta convocatoria son
os seguintes:
Ø A
negativa da empresa para suprimir os sábados. A nova lei postal xa non esixe a
prestación de servizos en sábado.
Ø A
eliminación de conducións en sábados, provoca unha retención de envíos nos
centros de tratamento e as oficinas durante 48 horas.
Ø A
discriminación entre os diferentes colectivos de traballador@s, compañeir@s de USES , Oficinas e axentes de
clasificación do pavillón postal.
Ø Por que é unha reivindicación de CIG. Todos os
traballadores/as teñen dereito a descansar as 48 horas establecidas por lei.
Para
calquera dúbida ponte en contacto coa xente da CIG.