23 de out. de 2023

Traizón ao Persoal Rural: Suba Ridícula de 0,03 Céntimos Acordada por Correos, CCOO, UGT, CSIF e S.L.

 

O pasado día 19 de outubro a empresa comunicou o acordo asinado para a suba da indemnización por achega de vehículo da seguinte maneira:

“Para nuestros empleados y empleadas rurales, hemos acordado con los sindicatos CCOO, UGT, CSIF y Sindicato Libre elevar la indemnización por el uso del vehículo a 0,26 euros por kilómetro….”

Lembremos que a indemnización por uso de vehículo foi incrementada para toda a administración o pasado día 17 de xullo de 2023 pasando de 0,19 a 0,26 céntimos. Un incremento de 7 céntimos.

En Correos estabamos cobrando 0,23 céntimos (0,19 + 0,04) é dicir Catro céntimos a maiores para compensar o desgaste do vehículo e consumo de combustible que é moito maior polas continuas paradas que se realizan para o reparto.

Entón a pregunta é Onde carallo van eses CATRO CÉNTIMOS a maiores que se estaban cobrando ata de agora?? e que estes sindicatos tiñan asinado en Convenio e Acordo Xeral.

Que maneiras de negociar son estas cando o mínimo que se podía aceptar eran 0,30 céntimos (0,26 + 0,04).

Que é o que pactaron coa empresa para aceptar mansamente a suba a 0,26 céntimos e asinar un Acordo coa empresa prexudicial que segue a empobrecer aos carteiros rurais que aportan o seu vehículo para o reparto e ven como cada día soben os prezos do carburante, recambios man de obra etc. Lembremos que os sindicatos CCOO UGT CSIF e SL asinaron no  III Convenio Colectivo e Acordo Xeral o seguinte: 

“Coa finalidade de mellorar as condicións de traballo e de desenvolvemento profesional deste colectivo, as partes asinantes comprométense a analizar, dentro dos tres meses seguintes á entrada en vigor do III Convenio Colectivo e do presente Acordo, o custo que a evolución dos prezos do carburante tivo sobre o suplido percibido por este concepto”                                                                                  

Nunca se constituíu a Mesa de carburantes nin se reuniron. Outra burla máis.

Non nos cabe a menor dúbida do compinchamento entre a empresa e estes sindicatos para obrigar a que finalmente os carteiros/as rurais soliciten vehículo de empresa porque xa non van poder manter os seus vehículos.

Nas vindeiras  eleccións sindicais tes a oportunidade de dicirlles co TEU VOTO a estes SINDICATOS VENDIDOS que BASTA XA!!