Curso dirixido a todo o persoal laboral de Correos, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa actividade ao inicio da formación.
Inscrición: Dende http://formacion.correos.es/ prema no banner informativo que atoparas na parte superior que te redirixirá á web oficial do programa externa a Correos.
Ligazón da inscrición: trabajamosendigitalceoesolicita-plaza
O curso realizarase on-line dende un ordenador alleo a Correos e fóra da xornada laboral. O curso ten unha duración de 30 horas lectivas e 2 datas de inicio: 3 ou 10 de novembro, desenvolvéndose, durante 6 semanas, no campus virtual externo ao de Correos.
Tras o proceso de inscrición, comunicarase por e-mail e/ou SMS o comezo da formación.
A formación emprega unha metodoloxía de clases en directo a través dunha aula virtual, leccións interactivas, contido teórico descargable, material complementario en PDF, foros, videotutoriais , actividades de reforzo ou ponencias virtuais, consistindo en 6 unidades que tratan de desenvolver competencias dixitais adaptadas ao posto de traballo:
1. Tecnoloxías habilitadoras dixitais
2. Información e alfabetización dixital
3. Comunicación e habilitación online
4. Creación de contidos dixitais
5. Seguridade na rede
6. Resolución de problemas e a formación
Unha vez superado o Curso, se entregará un titulo
oficial e un certificado de superación.