15 de mar. de 2023

Curso: "Efectividad en tu Comunicación" 20 Mil Prazas

 

Curso dirixido a todo o persoal de Correos, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa actividade ao inicio da formación e que non realizara e superara con anterioridade esta formación, nin coa empresa nin mediante organismos homologados para impartir formación da compañía.

Prazo de inscrición: do 14 de marzo ate o 20 de marzo

Inscrición: dende o campus virtual

http://formacion.correos.es

Como inscribirte dende internet: unha vez que accedes á páxina de formación de Correos, debes de ir á parte inferior dereita debaixo de onde pon usuario e contrasinal. alí xa te indica "fai clic aquí para solicitar curso". 

O curso realizarase  on-line  dende un ordenador alleo a Correos e fóra da xornada laboral. O curso desenvolveranse durante os meses de marzo e abril os alumnos poderán elixir, as datas que máis lles conveñan de entre as dispoñibles.

Tras o proceso de inscrición, comunicarase por  e-mail  e SMS  o comezo da formación. Recoméndase revisar a dirección de correo persoal do apartado "mi perfil" e aceptar a modalidade de citación por  SMS. 

Expediente Formativo

O curso incluirase no expediente formativo de todos aqueles que completen a acción formativa. Ademais terás a posibilidade de descargar o diploma dende a plataforma de formación.

No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a inscrición e/ou durante a realización do curso, os alumnos deberán dirixirse ao centro de atención ao estudante    centro.atencionestudiante@telefonica.com