26 de xul. de 2022

Comisión Estatal de Saúde Laboral: Medidas contra altas temperaturas.

Hoxe 26 de xullo celebrouse  a reunión da Comisión Estatal de Saúde Laboral na que se comunicou que se incluirán as instrucións de “Medidas Preventivas contra o calor” no protocolo  PT008.

Dende fai anos que dende a CIG solicitabamos un PT de medidas contra o calor así como o fixeramos no seu día co PT contra as inclemencias do tempo.

Desta volta tiveron que pasar dúas olas de calor, segundo o instituto de saúde Carlos III dependente do ministerio de sanidade con 1.047 cidadáns falecidos  asociados as altas temperaturas e 3 traballadores de diversas empresas mortos nos seus postos de traballo, para que Correos adoitase as seguintes medidas:

Medidas adoptadas por Correos:

- Os empregados da QUENDA DE MAÑÁ non realizarán tarefas de repartición máis aló das 13.00 horas (a esa hora xa deben estar na súa unidade de traballo).

- Os traballadores da QUENDA DE TARDE non se iniciarán a repartición ata as 17:00 horas.

Estás medidas se aplicaran nas zonas nas que haxa un risco importante ou extremo identificadas con cor laranxa ou vermello no mapa da AEMET

Dende a CIG as cualificamos como  unhas medidas tardías e solicitamos que se implimenten  coas seguintes:

+ Se dote de crema solar e gorras ao persoal de reparto.

+ Se entreguen botellas de auga en botes refrixerados, así como instalar de fontes de auga aos centros que non as teñan.

+ Entrega de uniformes a todo o persoal fixo e eventual sen excepción xa que como ben di Correos a roupa dos uniformes e especialmente transpirable.

+ Non só se deben tomar medidas para os postos de reparto se non tamén para os traballador@s  con postos nos CTA´S CTP, ATC  e os dos  novos Centros Nodais de CEX nos que non existen ningún tipo de sistema de climatización.

+ Que os sistemas de climatización se revisen nos centros de traballo e se modifiquen as horas de acendido para que nas horas de entrada xa estean a unhas temperaturas adecuadas.

+ Que se revisen os sistemas de aire acondicionado dos vehículos de Correos e se retiren temporalmente do servizo se estes non funcionan (sobre todo agora que temos vehículos cun pésimo mantemento).