Dende a CIG entendemos que é necesario negociar urxentemente unha subida
salarial e unha actualización da achega por vehículo aos carteiros rurais. Así
mesmo esiximos a Correos o pagamento inmediato do 2% que se nos debe.
A xerencia de Persoas na zona noroeste está a ser sumamente agresiva cunha
redución na contratación que fai que se multipliquen os recargos.
Ante esta situación, a Unión Sindical realizou unha proposta dun
calendario de mobilizacións potente de cara a os próximos meses para obrigar a
Correos a volver á mesa de negociación e inclusión das reivindicacións da
Unidade Sindical para o próximo Convenio e Acordo Funcionarial.
Comunicado Plataformaxuño by CIG Correos Lugo on Scribd