7 de nov. de 2016

CIGcorreos: Privatizacion, Acumulacions, Zonas sen Reparto e Falta de Persoal. Solucións para cando?

FOLGA DOS CARTEIROS EN ITALIA

 (SEGUE A PRIVATIZACIÓN NA "POSTE ITALIANE" )


Coa venda que pretende o goberno italiano do 30% das accións que lle quedan ó estado nesta empresa, a "Poste" pasará de ter a totalidade do capital púlblico no ano 2015 a quedar privatizada no 100% despois dunha primeira venta do 34,5% no pasado ano e coa desaparición do capital público do seu accionariado, cando se leve a cabo a operación xa aprobada polo goberno, tratando de buscar diñeiro fácil para rebaixar o deficit público, sen ter e conta para nada a estabilidade dos mais de 20.000 empregados nin o carácter social da entidade.

Todas as forzas e o noso apoio ós compañéiros italianos en folga, que loitan na defensa dun servicio público, que os gobernos tratan de privatizar a toda costa baixo as presións dos grupos de poder e sen mais xustificación que a redución dun deficit público do que non somos causantes.

Xa vimos recortar as barbas de veciños como Reino Unido e Portugal, agora vai Italia polo mesmo camiño... debemos poñer a remollo as nosas? Temos que estar preparados para frenalos.

Olla na prensa: Pincha AQUI


ACUMULACIÓNS E ZONAS SEN REPARTO
(O PAN DE CADA DÍA POLA FALTA DE PERSOAL)

Se ollamos a prensa a diario, aparece día sí, día tamén, algunha ou varias noticias que fan referencia as acumulacións e atrasos de correspondencia que hai en algúns puntos concretos ou incluso zonas que levan tempo sen reparto.


A semana pasada tocoulle figurar a Melilla, agora é Granada e tamén unha zona da montaña oriental Leonesa (Val de Valdeburón) que leva varios días sen correo. Todos sabemos que postos a nomear poderiamos encher todo un periodico de "esquelas" con casos similares.


Non podemos deixar que a costume de ollar estas denuncias e noticias nos faga caer no inmobilismo e no conformismo, temos que loitar entre todos para que se cubran todos os postos de traballo a diario coa contratación necesaria e para que as plantillas teñan o suficiente persoal para levar a cabo as funcións dos nosos postos de traballo atendendo este servicio público coa calidade que se merecen os cidadans e respectando os nosos dereitos como traballadores e traballadoras.


Olla na prensa, pincha aquí: Valdeburón, Granada