A CIG Instoulle a
Correos que de xeito urxente convoquen o Concurso de Traslados.
Os sindicatos asinantes (CCOO, UGT, CSIF e Sindicato Libre) quérennos
chantaxear aos traballadores dicindo que si non asinan o Convenio e Acordo
Xeral non pode haber Concurso de Traslados. ¡¡¡outra das súas mentiras!!!
Os traballadores
de Correos levamos 16 meses sen Concurso, a última resolución remóntase ao mes
de outubro de 2013.
A CIG fíxolle
saber a Pérez Capitán Xefe de Recursos
Humanos de Correos, que esta situación está causando un grave prexuízo ao
conxunto de traballadores pois é o sistema voluntario de mobilidade que teñen
os traballadores para cambiar de destino, promover e no caso do persoal fixo
descontinuo o de obter un posto a xornada completa.
Dende a CIG
entendemos que non é necesario asinar un Novo Convenio e Acordo Xeral para
convocar o Concurso de Traslados pois as bases xa están pactadas. O que fai
falta é que se convoque a Comisión Permanente de Traslados; sen embargo os sindicatos
asinantes non están pola labor, máis ben están centrados en querer convocar
mais folgas sen sentido coma a derradeira que o único para o que serviu foi
para aforrarlle cartos á empresa.