4 de feb. de 2015

Concentración dos delegados/as da CIG Correos de Galiza diante da sede da Zona 1 en Compostela

Os delegados e delegadas da CIG Correos este mércores diante da dirección de zona denunciaron a política imposta pola Dirección da Empresa de redución de postos e de destrución de emprego reclamando a cobertura de todos os postos de traballo e a substitución de todas as ausencias para así eliminar as sobrecargas e os recargos,  garantizando a prestación dun servizo público de calidade.

 


As inclemencias do tempo non foron impedimento para que os delegados e delegadas da CIG das catro provincias galegas se concentraran diante da sede da dirección territorial da zona 1 de Correos en Compostela para facerse oir diante da dirección e trasladarlle a súa protesta e a dos traballadores e traballadoras a quenes representan pola frenética e irracional política de recorte de postos de traballo coa conseguinte destrución de emprego que elo supón e a merma da calidade na prestación do servizo que lle está afectando primeiro ós usuarios dos servizos e que sin dúbida logo repercutirá no futuro inmediato da empresa se ninguén fai nada para remedialo.

Dende a CIG Correos ademáis reclamouse da dirección unha política de cobertura de todos os postos de traballo, incluso das ausencias temporais mediante persoal contratado, sin esquecer ó persoal que presta os seus servizos na zona rural que cada vez teñen máis cometido sin posibilidade de cumprir co reparto diario da correspondencia que entra para a súas zonas, problema acentuado cando se produce un recorte de persoal ou baixas e ausencias sen cubrir.

Para rematar esixiuse un cambio na dirección se os actuais directores e xestores non son capaces de resolver a problemática plantexada con medidas urxentes e efectivas que den resultados a curto prazo e nos beneficien a todos: persoal e usuarios de Correos.

Este sindicato CIG e os seus delegados e delegadas non van a cesar no seu empeño en defensa do servizo público de Correos dos seus postos de traballo e reclamando un correo público galego que sería o principio para que remataran todos os males dunha xestión que nos chega imposta dende Madrid, moi alonxada das necesidades reais do correo en Galiza. 

Para ver esta noticia publicada no Avantar preme AQUÍ