11 de feb. de 2015

Concentración en demanda de máis persoal para garantir o reparto de correo na Coruña

Traballadores/as que cobren os distritos postais 7 e 8 denuncian a “inasumíbel carga de traballo” tras o recorte de postos
Traballadoras e traballadores da Unidade de Reparto 2 da Coruña concentráronse esta mañá diante da oficina para demandar de Correos que contrate o persoal necesario para garantir un servizo postal eficiente e puntual. Denuncian que hai dous anos se fixo unha reforma da unidade, pola que se recortaron 9 postos de traballo, o que supuxo un deterioro da condicións laborais e unha rebaixa da calidade do servizo. 

Para máis información preme aqui: AVANTAR