Tedes até o sábado 5 de abril para achegar as solicitudes de praza nas Residencias de Tempo Libre de Panxón-O Carballiño, por medio do fax 981161993 ou do correo servizoseafiliacion@galizacig. net
O modelo oficial está recollido no DOG nº 45 do 6 de marzo de 2014.
A orde ten por obxecto regular o procedemento de adxudicación de estadías e servizos das residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño para o ano 2014, sitas nas localidades de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense).
Poderán ser destinatarias todas as persoas maiores de idade ou menores, sempre que vaian en compañía dos seus proxenitores ou das súas proxenitoras ou titores ou titoras legais e a distribución de prazas será compartida nun 50% entre a Consellaría de Traballo e Benestar e as centrais sindicais, en razón da súa representatividade.
O servizo de residencia consistirá no aloxamento e mantenza en réxime de pensión completa durante a quenda adxudicada ás persoas beneficiarias.
Cada unidade familiar poderá solicitar estadías para unha única residencia de tempo libre e para unha ou varias quendas. Pero non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozaron dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores.