A CIG convoca concentracións nas cidades galegas coincidindo coa aprobación da reforma laboral no Congreso dos Deputados
Vigo, A Coruña,
Santiago, Ferrol, Pontevedra, Ourense e Lugo acollerán mobilizacións
para rexeitar os ataques do Goberno español do PP aos dereitos da
maioría social
A
Confederación Intersindical Galega convoca concentracións nas sete
cidades galegas este mércores 23 para rexeitar a reforma laboral que
o Goberno español do Partido Popular ten previsto aprobar no Congreso dos Deputados ao día
seguinte. A central nacionalista chama á clase traballadora galega a
responder na rúa os ataques contra os dereitos da
maioría social.
Para máis información e Para coñecer os horarios e lugares das concentracións PREME AQUÍ