Poderán solicitalas os funcionarios/as de tódalas áreas funcionais, independentemente do posto que ocupen e que teñan cumpridos os 57 anos de idade.
PRAZO: DO 12 AO 19 DE ABRIL DE 2023
Incluirase, como criterio preferente para a súa concesión, as condicións psicofísicas da persoa traballadora para o desempeño do seu posto de traballo, a idade do traballador/a e a antigüidade en Correos.
A data de efectos da excedencia debe fixarse entre o período comprendido entre o 1 de xullo e o 30 de decembro de 2023.
As persoas funcionarias de máis de 60 anos ás que se lle concedan deberán presentar solicitude de xubilación con data ao día posterior á data de concesión da excedencia.
Correos abonará as cotas de Muface, con todos os dereitos inherentes a esta situación. Correos NON paga as cotas de Clases Pasivas por tanto se queres xubilarte co 100% debes ter cumpridos os 35 anos de servizo.
O número de mensualidades a percibir serán publicadas no Anexo da convocatoria. As mensualidades recollerán os seguintes conceptos: soldo, prorrateo paga extras, trienios, complemento especifico e complemento de destino.
O abono da indemnización farase da seguinte maneira:
- Se o funcionario/a ten 59 anos ou máis a indemnización abonarase nun só prazo.
- Se o funcionario/a ten 58 anos ou máis, a indemnización abonarase en dous pagos iguais, recibindo o primeiro pago na nómina do mes de concesión e o segundo pasado 13 meses.
- Se o funcionario/a ten 57anos ou máis se abonará en tres pagos, o primeiro coa nómina do mes de concesión, o segundo aos 13 meses da súa concesión e o terceiro aos 26 meses da súa concesión.
Bases convocatoria Excedencias voluntarias incentivadas prema AQUÍ
Guía para á presentación de solicitudes prema AQUÍ
Acceso directo ao formulario on-line prema AQUÍ
👇👇👇👇👇👇👇👇
MÁIS INFORMACIÓN:
Telegram -> https://t.me/cigcorreos
Facebook -> https://www.facebook.com/cigcorreos
Instagram -> https://www.instagram.com/cigcorreos
Twitter -> https://twitter.com/cigcorreos
Youtube -> https://www.youtube.com/cigcorreosvideos