20 de out. de 2022

Correos Oferta un Programa formativo para persoal das Bolsas de Emprego que estean con contrato en vigor ao comezo de cada un dos Cursos, valorable para o ingreso como persoal laboral fixo

Correos ofrece un programa de formación composto por cinco cursos sobre ofimática, os principais produtos e servizos que comercializamos, xestión aduaneira e procesos operativos e ferramentas de traballo que utiliza o persoal de oficinas, repartición e centros.

O programa estará integrado polas accións formativas:

 - Produtos e servizos 2022

 - Procesos e ferramentas de oficinas 2022

 - Procesos e ferramentas de distribución e centros 2022

 - Xestión aduaneira para persoal operativo 2022

- Office 365

Cada acción formativa contará cuns criterios de realización e superación independentes que se comunicará aos participantes ao comezo de cada acción formativa.

A formación está dirixida, exclusivamente, ás persoas que cumpran coas seguintes condicións:

 - Ser empregada ou empregado temporal e, por tanto, non ter unha relación laboral de carácter indefinido/fixa ou fixa descontinua coa compañía.

 - Manter unha relación laboral en activo coa empresa ao comezo de cada unha das accións formativas que integran o programa.

 - Realizar a solicitude de inscrición correctamente.

A solicitude de inscrición, conforme o horario peninsular, pódese realizar a través do Campus de Colearning-Procesos (https://procesos.colearning.es), desde hoxe ata o día 2 de novembro, ambos incluídos. A formación desenvolverase durante os meses de novembro, decembro, xaneiro e febreiro de 2023.

As persoas que soliciten a súa participación na contorna de Procesos de Colearning deberán encher un cuestionario de identificación persoal de carácter obrigatorio e imprescindible para a realización e superación dos diferentes cursos.

O incumprimento e/ou falsidade en calquera dos requisitos anteriormente mencionados, suporá, en calquera circunstancia, a imposibilidade de superación dos cursos do programa formativo, independentemente da fase do seu desenvolvemento.

Durante o período que estea habilitada a solicitude de inscrición ao programa de formación, non é necesario que as empregadas e empregados que desexen rexistrar a súa participación manteñan unha relación laboral ou de servizo activo coa compañía.

A impartición do programa formativo levará a cabo na contorna de Colearning-Procesos e, ao comezo de cada acción formativa, informarase a cada solicitante por correo electrónico sobre o cumprimento ou non dos requisitos para a realización do curso.

Aqueles que cumpran os requisitos de realización habilitaránselles o acceso á formación e recibirán un comunicado a través do medio que facilitasen na solicitude de inscrición ao programa. É imprescindible ca dirección de email e, no seu caso, o número de teléfono móbil introducidos no cuestionario de solicitude de inscrición sexan correctos e estean actualizados.

Unha vez finalizado e superado cada un dos cursos que integran o programa, engadiranse ao expediente formativo do participante e poderanse descargar o diploma desde a plataforma de Colearning-Procesos.

No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a solicitude de inscrición e/ou a realización da formación, os alumnos e alumnas deberán dirixirse a través de email ao Centro de Atención ao Estudante centro.atencionestudiante@telefonica.com