A CIG impartirá todos os cursos que puntúan para a convocatoria conxunta de ingreso de 7.757 prazas de persoal laboral fixo. Para realizar os Cursos a través da CIG non fai falla estar con contrato nin ter vinculación algunha con Correos.
A CIG NON RECIBE NIN SOLICITA SUBVENCIÓNS
DE CORREOS NIN DA UNIÓN EUROPEA.
Por tanto debido ao custo para impartir este tipo de formación (plataforma homologada, servizo técnico, etc) os Cursos faranse mediante un pagamento por parte do/a afiliado/a.
Todos/as compañeiros/as que resulten finalmente seleccionados realizarán o programa formativo on-line dende un ordenador. O comezo de cada acción formativa comunicarase por e-mail, polo que o enderezo do correo electrónico e o número de teléfono móbil persoais introducidos no Formulario de solicitude de pre-inscrición deberán ser correctos e actualizados.

- Prazo de Pre-inscrición: do 27 ao 31 de outubro ambos incluídos.
- Prazo de Pagamento: do 01 ao 03 de novembro ambos incluídos.
- Realización dos Cursos: do 15 de novembro ate o 2 de Xaneiro 2023
INSTRUCIÓNS:
-Pre-Inscrición: Deberase cumprimentar o formulario cos datos persoais, a través desta ligazón que aparecerá activa o día 27 de outubro ata o día 31 de outubro.
👉 Rematou o prazo de solicitude 👈
-A Pre-inscrición non dá dereito á realización dos Cursos.
-O sindicato CIG realizará a selección e listaxe definitiva de alumnado.
-Feita a selección, a fundación forGA comunicará mediante e-mail e/ou SMS as indicación para proceder ao pagamento no prazo establecido.
-Unha vez comprobado o pago, darase acceso aos alumnos/as mediante clave e contrasinal para os seus Cursos que será remitida mediante correo electrónico.
Para calquera dúbida ponte en contacto coa xente da CIG.