22 de dec. de 2021

Consolidación de Emprego 2020-2021: Publicación das Bases Xerais da convocatoria das 5.377 prazas

 

Publicadas as bases xerais para a convocatoria de 5.377 prazas de persoal laboral fixo do Grupo Profesional de Operativos na Web www.correos.com, apartado “Persoas e talento”

Posteriormente, publicaranse os requisitos dos aspirantes, o sistema de selección, o programa do que versarán as probas, así como a distribución provincial da oferta de postos de traballo. O proceso selectivo se desenvolverá no ano 2022.

PRAZAS CONVOCADAS:

Taxa de reposición ano 2020: 1.254 postos de traballo

Taxa de reposición ano 2021: 2.123 postos de traballo

 Proceso estabilización Acordo Plurianual: 2.000 últimos postos de traballo

TOTAL: 5.377 postos de traballo As prazas convocaranse a nivel provincial, e poderán incluír postos a tempo completo ou parcial.

Correos contratará persoas con discapacidade mediante o procedemento específico previsto convencionalmente para contribuír á súa integración no emprego. As bases desenvolveranse en dúas fases: 

Primeira Fase: Publicaranse os requisitos dos participantes, o sistema de selección, (fases, probas e valoración), o programa que ha de rexer para a confección das probas, a composición do órgano de selección, o recoñecemento médico e os aspectos referidos á formalización dos contratos.

Segunda Fase: Publicaranse as bases relativas á distribución provincial da oferta de postos de traballo e as súas características, o prazo e a forma de presentación previstos no proceso.

Previsiblemente as probas de acceso se realizarán no mes de novembro de 2022

Correos publicará contidos propios e oficiais do temario, cuxa posta a disposición do público xeral se anunciará no primeiro semestre de 2022.

Con esta medida se remata en parte co negocio que tiñan montados algúns CCOOmpañeiros coa formación que se lucraban vendendo Packs conxuntos de temarios máis Cursos.

Agora só falta que os Cursos os imparta directamente Correos ou simplemente NON puntúen, tal e como solicita a CIG.

Bases da Convocatoria