Os compañeiros/as de Ferrol continúan en loita contra os recargos. Hoxe 14 de maio volveron a sair á rúa para pedir máis contratación e que se cubran todas as seccións.
Sandra Otero Fernández delegada de persoal da CIG denuncia que en Correos non se contrata nin siquera para cubrir o emprego estrutural, permisos, baixas nin nigún tipo de ausencias.
Os carteiros/as se ven na obriga de asumir unha maior carga de traballo e maiores zonas de reparto quedando as veces barrios sen o reparto diario, incumprindo Correos nesta comarca e en Galiza en xeral a súa obriga como empresa prestadora do Servizo Postal Universal.