A CIG GAÑA DEMANDA
CONTRA CORREOS E A MUTUA A SENTENZA OBRIGA A RECOÑECER COMO ACCIDENTE LABORAL
UNHA BAIXA POR ENFERMIDADE COMÚN EN OURENSE
A CIG defendeu e así o entendeu tamén a Xustiza, que a lesión sufrida pola traballadora, afiliada a CIG, foi un accidente laboral pois a mesma se produciu dentro da xornada laboral e que non era unha baixa común como pretendía o INSS e a Mutua. Agora terán que abonar todas as cantidades deixadas de percibir pola compañeira.
A CIG FORZA UN ACORDO EN SEDE XUDICIAL ENTRE UNHA TRABALLADORA E CORREOS
PORQUE A SALTARON NOS CHAMAMENTOS DE CONTRATACIÓN NA PROVINCIA DE LUGO.
Ante a demanda presentada polos servizos xurídicos da CIG no xulgado nº 3 de Lugo contra a Sociedad Estatal Correos e Telegráfos S.A. polo salto dunha compañeira nas bolsas de contratación, Correos acepta a demanda presentada e chega un acordo coa traballadora antes de entrar a xuízo. Correos abonará o integro da cantidade solicitada pola asesoría xurídica da CIG.
A CIG unha vez mais demostra que é o único sindicato que
denuncia os atropelos da empresa aos dereitos dos traballadores/as.