Hoxe día 14 de novembro, publicáronse as
listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as no proceso de Consolidación
de Emprego e de Acceso á Asignación das
Aulas, Lugar e Hora dos chamamentos na páxina Web de Correos www.correos.es - Información
Corporativa / Recursos Humanos / Emprego / Consolidación de Emprego / Pantalla
de Consulta de Admitidos/Excluídos / Pantalla de Accede á Asignación de Aula onde
se introduce o N.I.F. (8 díxitos completar con 0 diante + letra) data de
nacemento e un código alfanumérico que aparece en pantalla.
A información publicada contén datos persoais
dos candidatos/as, provincia e posto ou postos de traballo solicitados e o seu
estado dentro do proceso de selección (admitido ou excluído con motivo de
exclusión), así como lugar de exame (universidade, facultade e aula).
O inicio da proba será o domingo 27 de
novembro, ás 10:00 horas (9:00 nas illas Canarias), sendo o chamamento dos
candidatos unha hora antes.
Os candidatos/as deberán ir provistos de bolígrafo azul ou negro e DNI que acredite
a súa identidade.
A proba consistirá de 100 preguntas tipo test
acerca dos temas do programa, das que 10 serán psicotécnicas.
O tempo de realización do exame será de 90
minutos.
As persoas con grao de discapacidade que o
indicaron, así como aquelas que teñan algún tipo de dificultade para realizar a
proba en condicións normais, poderán indicar o grao de minusvalía ou dificultade
que presentan para solicitar as posibles adaptacións de tempo e medios que
poidan necesitar. Dispoñerán de prazo ata o 18 de novembro a través do correo
electrónico provision.rrhh@correos.com
Lembrámosche
que o criterio para a designación da localidade de exame a cada candidato foi a
localidade de residencia que indicaches na túa solicitude.
- Se es
da Coruña, Lugo, Ourense: Examínasche en: SANTIAGO DE COMPOSTELA
- Se es
de Pontevedra: examínasche en: PONTEVEDRA
Enlace Consulta ADMITIDOS/EXCLUÍDOS
Enlace Consulta ASIGNACIÓN DE AULA
Se queres máis
información ponte en contacto coa xente da CIG.