9 de xuño de 2016

#CIGcorreos: Caravana reivindicativa dos contratados de Correos da Coruña

Para este sábado día 11 de xuño, con saída ás 11:30 dende a parte de atrás do Edificio Sindical da Avda. de Alfonso Molina (Detras SEAT e LIDL), percorrendo as rúas da cidade da Coruña, rematando cunha concentración diante do Edificio Principal de Correos da Avda. da Marina ás 12:30 Horas.


Para chamar a atención e denunciar as irregularidades da contratación do persoal eventual que se atopa nas bolsas para substitucións de Correos na provincia da Coruña.

Non é normal que a xente que está nas bolsas de Correos non saiba cando lle toca traballar, nin coñeza os criterios que se utilizan para facer os chamamentos, para desa maneira ter opción de organizar a súa vida e de comprobar se están ben feitas as contratacións.

Non pode ser que Correos deixe de chamar á xente que figura nas bolsas de contratación e que eses postos sexan ocupados por outras persoas seleccionadas a dedo, que son alleas a estes listados.

Xa é hora que Correos modifique o seu sistema de contratación, tanto o procedemento como os criterios e formas de chamamento.

Por elo tanto este sindicato CIG como o persoal  das bolsas de Contratación de Correos: 
Esiximos  unha contratación que se rexa polos principios da ética, da xustiza e da transparencia. Pero XAAA!!


Se te sentes identificado con esta problemática ou queres participar apoiando esta reivindicación do persoal contratado das bolsas de Correos, estaremos todos encantados de que nos acompañes nesta mobilización.



Nota.- Imaxes doutra caravana reivindicativa.